“Unha copa de viño ao día é boa para a saúde”… seguro?

A realidade é que non hai unha cantidade libre de risco de alcohol. O viño é alcohol, e o alcohol está relacionado con problemas cardiovasculares, demencia de inicio precoz e varios tipos de cancro.

Si, o viño ten antioxidantes… pero en pequenas cantidades. Os posibles beneficios non superan os riscos. Se buscas antioxidantes, é mellor obtelos cunha boa dieta.

Ademais, o famoso mito da “bebida ao día” provén de estudos que son malinterpretados e, nalgúns casos, influenciados pola industria.

E non esquezas algo importante: o alcol xera tolerancia, e é fácil que un vaso se converta en máis. Por iso, se bebes, debe ser porque che apetece, non porque penses que estás coidando da túa saúde.

Outras curiosidades

Como axuda un psicólogo de adiccións?

Unha nova serie onde explicaremos, de forma sinxela e baseada en evidencias, algunhas das terapias psicolóxicas máis usadas para tratar as adiccións.

Curiosidades

7 Agosto, 2026

¿Soportar” o alcohol significa que che afecta menos?

A tolerancia non protexe contra os danos causados polo alcol.

Curiosidades

4 Agosto, 2026

Son os sobres de nicotina unha alternativa ao tabaco?

As bolsas de nicotina están gañando popularidade, pero son realmente seguras?

Curiosidades

28 Xullo, 2026