Sabías que moitas persoas con adicción tamén teñen outros problemas de saúde mental?

A miúdo falamos das adiccións e da saúde mental como se fosen problemas separados. Pero na realidade, adoitan aparecer xuntos. Isto chámase patoloxía dual.

Máis da metade das persoas tratadas en saúde mental tamén teñen unha adicción. E aínda así, a maioría non recibe un tratamento que aborde ambos problemas xuntos.

A evidencia científica é clara: cando se tratan xuntos, os resultados melloran. Un consenso internacional recente coa participación de RIAPAd indica que o enfoque integrado axuda a reducir as recaídas e favorece a recuperación.

Porque entender a relación entre adiccións e saúde mental é clave para ofrecer tratamentos máis efectivos e centrados na persoa.

Outras curiosidades

Como axuda un psicólogo de adiccións?

Unha nova serie onde explicaremos, de forma sinxela e baseada en evidencias, algunhas das terapias psicolóxicas máis usadas para tratar as adiccións.

Curiosidades

7 Agosto, 2026

¿Soportar” o alcohol significa que che afecta menos?

A tolerancia non protexe contra os danos causados polo alcol.

Curiosidades

4 Agosto, 2026

Son os sobres de nicotina unha alternativa ao tabaco?

As bolsas de nicotina están gañando popularidade, pero son realmente seguras?

Curiosidades

28 Xullo, 2026