Que é realmente a ketamina?

É un anestésico usado na medicina, pero tamén se consome en contextos recreativos, e o seu uso aumentou nos últimos anos. É unha substancia disociativa, xa que pode facer que a persoa se sinta desconectada do seu entorno e lle custe reaccionar. Os seus efectos duran entre 30 e 60 minutos e poden incluír: confusión e desorientación, náuseas, ansiedade e perda de conciencia nalgúns casos. En doses altas pode afectar a respiración e deixar á persoa sen reacción. Ademais, o seu consumo repetido pode causar problemas urinarios significativos, que en casos graves requiren tratamento médico. O feito de que se use en medicina non a fai inofensiva noutros contextos. Sabías estes efectos?

Outras curiosidades

Como axuda un psicólogo de adiccións?

Unha nova serie onde explicaremos, de forma sinxela e baseada en evidencias, algunhas das terapias psicolóxicas máis usadas para tratar as adiccións.

Curiosidades

7 Agosto, 2026

¿Soportar” o alcohol significa que che afecta menos?

A tolerancia non protexe contra os danos causados polo alcol.

Curiosidades

4 Agosto, 2026

Son os sobres de nicotina unha alternativa ao tabaco?

As bolsas de nicotina están gañando popularidade, pero son realmente seguras?

Curiosidades

28 Xullo, 2026