Os profesionais recomendan:
Anticiparse, valorar cada caso e tomar medidas xunto coa persoa e a súa familia.
Reducir ao máximo o consumo de substancias nos encontros.
Respectar os ritmos do paciente.
Evitar comentarios que minimicen o problema.
Practicar a empatía e o acompañamento.
A adicción é unha enfermidade, e sentirse apoiado e non sinalado pode marcar a diferenza para seguir ou iniciar un tratamento. Ademais, o Nadal tamén pode remover tristura e recordos difíciles, polo que o acompañamento emocional por parte da familia é un factor clave.