O cannabis actual é igual ao de hai 30 ou 40 anos?

O cannabis actual contén, de media, concentracións moito máis altas de THC, o principal compoñente responsable dos seus efectos psicoactivos. E isto cambia o seu perfil de risco.

Canto maior é a concentración de THC, maior é a probabilidade de experimentar ansiedade, pánico, taquicardia, paranoia ou mesmo síntomas psicóticos durante a intoxicación. Ademais, cando o consumo é frecuente, especialmente diario, os produtos de alta potencia asociáronse cun maior risco de dependencia e problemas de saúde mental.

Isto non significa que todas as persoas vaian sufrir estas consecuencias, pero si que o risco aumenta. E non depende só do THC: tamén inflúen a dose, a frecuencia de consumo, a idade de inicio e a vulnerabilidade de cada persoa.

Outras curiosidades

Como axuda un psicólogo de adiccións?

Unha nova serie onde explicaremos, de forma sinxela e baseada en evidencias, algunhas das terapias psicolóxicas máis usadas para tratar as adiccións.

Curiosidades

7 Agosto, 2026

¿Soportar” o alcohol significa que che afecta menos?

A tolerancia non protexe contra os danos causados polo alcol.

Curiosidades

4 Agosto, 2026

Son os sobres de nicotina unha alternativa ao tabaco?

As bolsas de nicotina están gañando popularidade, pero son realmente seguras?

Curiosidades

28 Xullo, 2026